lunes, 30 de enero de 2017

TORTA DE MAZÁ

As tortas de mazá son un clásico que nunca falla: 

  • Gustanlle a todo o mundo.
  • Son doádas de facer.
  • Serven como aproveitamento do excedente de mazá.
  • Son das máis saudábels.

Pois ben, a qué esperamos? Imos explicar unha forma facilísima de obter un bo postre.

INGREDIENTES:
  • Masa follada (pódese atopar feira no súper)
  • Mazá raiada
  • Noces picadas
  • Canela en pó
  • Azucre moreno
ELABORACIÓN:
Torta coa mazá en rodajas
  1. Estirar a plancha de masa follada finamente sobre un molde engraxado e facer pequenos buracos coa axuda dun tenedor para que ésta non suba ao cocer.
  2. Rechear a masa coa mazá raiada, as noces picadas, a canela e o azucre todo ben mezclado.
  3. Hornear a 200ºC ata que o a masa follada estea completamente cruxiente.

Brownie

  • Sen lugar a dúbidas o brownie é un dos postres de sobremesa máis populares dos últimos tempos.
  • O seu intenso sabor a chocolate e a súa versatilidade fan as delicias de todo aquel ou aquela que se anima a probalo.
  • O habitual é que dentro desta especie de bizcoito semifeito atopemos trociños de noces que lle aportan máis sabor e un agradable contraste de texturas pero hoxe en día cada cal lle engade o froito seco ou ingrediente que máis lle atrae o que abre o abanico de opcións coas que poder disfrutar deste apetitoso bocado.
  • En canto á presentación as natillas líquidas como base ou as quenelle de xeado sobre a ración do doce están á orde do día.
INGREDIENTES:
  • 4 ovos
  • 200 gramos de cobertura negra
  • 250 gramos de azucre
  • 175 gramos de fariña
  • 75 gramos de mantequilla
  • 75 gramos de noces
ELABORACIÓN:
Brownie sobre natillas con quenelle de xeado
  1. Esponxar ovos cunha barilla ou coa kitchen.
  2. Fundir mantequilla e cobertura negra a baño maría.
  3. Mezclar ambas partes e engadir a fariña e as noces picadas.
  4. Hornear a 180º durante aproximadamente 15 minutos con coidado posto que debe quedar semifeito no interior.

"Blondie", o brownie para os amantes do chocolate branco


  • Sen lugar a dúbidas o brownie é un dos postres de sobremesa máis populares dos últimos tempos.
  • O seu intenso sabor a chocolate e a súa versatilidade fan as delicias de todo aquel ou aquela que se anima a probalo.
  • O habitual é que dentro desta especie de bizcoito semifeito atopemos trociños de noces que lle aportan máis sabor e un agradable contraste de texturas pero hoxe en día cada cal lle engade o froito seco ou ingrediente que máis lle atrae o que abre o abanico de opcións coas que poder disfrutar deste apetitoso bocado.
  • En canto á presentación as natillas líquidas como base ou as quenelle de xeado sobre a ración do doce están á orde do día.
  • Pero hoxe estaremos falando dunha variante pensada para todos aqueles ou aquelas amantes do chocolate branco, osexa a versión branca do brownie tradicional, o denominado blondie.
  • Pode que para os que tieñen o chocolate negro ou con leite de predilectos esta receita resulte un tanto pesada ou empalagosa pero para los que disfrutan da cobertura branca será un habitual nas súas vidas unha vez se animen a probalo.