- Sen lugar a dúbidas o brownie é un dos postres de sobremesa máis populares dos últimos tempos.
- O seu intenso sabor a chocolate e a súa versatilidade fan as delicias de todo aquel ou aquela que se anima a probalo.
- O habitual é que dentro desta especie de bizcoito semifeito atopemos trociños de noces que lle aportan máis sabor e un agradable contraste de texturas pero hoxe en día cada cal lle engade o froito seco ou ingrediente que máis lle atrae o que abre o abanico de opcións coas que poder disfrutar deste apetitoso bocado.
- En canto á presentación as natillas líquidas como base ou as quenelle de xeado sobre a ración do doce están á orde do día.
- Pero hoxe estaremos falando dunha variante pensada para todos aqueles ou aquelas amantes do chocolate branco, osexa a versión branca do brownie tradicional, o denominado blondie.
- Pode que para os que tieñen o chocolate negro ou con leite de predilectos esta receita resulte un tanto pesada ou empalagosa pero para los que disfrutan da cobertura branca será un habitual nas súas vidas unha vez se animen a probalo.
INGREDIENTES:
- 100 g de chocolate branco picado
- 100 g de chocolate branco derretido
- 50 ml de tona líquida
- 2 ovos grandes
- 115 g de mantequilla
- 100 g de azucre
- 75 g de fariña
- un puñado de noces ou neste caso avelás
- Precalentar o forno a 180C. Calentar no microondas 100 gramos de chocolate coa tona líquida a intervalos de 30 segundos ata que estea cremoso. Reservar.
- Mezclar a mantequilla e o azure ata que estea cremosa.
- Añadir o chocolate branco derretido e mezclar ben.
- Engadir os ovos un a un coidando que o primeiro quede ben incorporado antes de añadir o segundo.
- Botar agora a fariña e remexer ben.
- Picar o chocolate e as avelás e añadirllas á mezcla. Coa axuda dunha espátula remexer ben ata que estean ben incorporados.
- Engraxar un molde cadrado cun pouco de aceite.
- Volcar a mezcla no molde e hornear durante 20-30 minutos.
- Deixar enfriar uns minutos antes de desmoldar e cortar en cadrados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario