lunes, 20 de febrero de 2017

ROSCAS DE MASA FOLLADA

As roscas da costa, un doce que debedes coñecer.

INGREDIENTES:
  • 800 gramos de manteiga
  • 200 gramos de fariña
  • 350 mililitros de auga
  • 100 gramos de  xemas
  • 25 gramos de sal
ELABORACIÓN:
  1. Mezclamos a manteiga con 200 gr de fariña e formar un cadrado.
  2. Amasar fariña, sal, auga e xemas. deixar reposar 30 minutos.
  3. Traballar como un hojaldre, dándolle 5 voltas simples, con reposo en neveira.
  4. Estirar e cortar con cortapastas en forma rosquillas
  5. Hornear a 220ºC.
  6. Preparar almíbar e mollar durante 1 minuto, quitar con espumadeira e pasar por azucre.

ROSCÓN GALEGO

Este postre está presente en todas as aldeas de galicia e non mencionalo sería un erro irreparable. Que aproveite!

INGREDIENTES:

  • 300 gramos de Fariña (semi)
  • 6 Ovos
  • 150 gramos de Azúcre
  • 15 gramos de Levadura química


ELABORACIÓN:

  1. Montamos os ovos xunto co azúcre.
  2. Engadimos a levadura e a fariña tamizando sobre a mezcla.
  3. Introducimos esta mixtura nun molde redondo furado no medio de tamaño medio.

PESTIÑOS

Un pequeno bocado para que non se diga que as pequenas cantidades non dan para moito.

INGREDIENTES:

  • 1/4 de litro de Viño doce
  • 75 mililitros de Aceite de oliva suave
  • Raiadura de limón
  • Semillas de anís
  • Fariña (a que admita a masa)
  • 5 gramos de sal


ELABORACIÓN:

  1. Xuntamos os líquidos.
  2. Agregamos as raiaduras, as semillas e o sal.
  3. Imos introducindo a fariña pouco a pouco ata que onteñamos unha masa curiosa.
  4. Damos forma e fritimos en abundante aceite de xirasol.
  5. Espolvoreamos con azúcre e canela ao gusto.

FLORES DE CARNAVAL

Aquí vos deixo outra receita da temática de entroido, espero que a disfrutedes.

INGREDIENTES:
200 gramos de Fariña
100 mililitros de Leite
6 Ovos
500 mililitros de Aceite de Xirasol (fritir)
Canela en pó.
Azúcre.

ELABORACIÓN:
Mesturar a fariña co leite.
Batir e incorpor os ovos.
Acadaremos unha pasta fina na que introduciremos o ferro de facer flores ben quente. 
Freímolas en abundante aceite. 
Espolvoreamos a canela e o azucre.


sábado, 18 de febrero de 2017

COOKIES DE PEPITAS DE CHOCOLATE

Estas galletas de estilo norteamericano fan as delicias de todo aquel que lles pega bocado e son tan popular que podes atopar distintas versións das mesmas nas distintas superficies comerciais. Mais como o mundo da galletería está en auxe, esta sencilla receta farate sentir realizado/a se te apetece elaborar un bocadiño de sobremesa para toda a familia.

INGREDIENTES
  • 100 gramos de mantequilla
  • 100 gramos azucre avainillado
  • 1 ovo
  • 150 gramos de fariña floxa
  • 1 pizca de sal
  • 60 gramos de chocolate negro


ELABORACIÓN:

  1. Cremar a mantequilla xunto co azucre ata que quede unha masa consistente.
  2. A continuación agregar o sal e o ovo e seguir amasando.
  3. Unha vez homoxeneizado todo engadir a fariña e xuntar de novo todos os ingredientes.
  4. Picar o chocolate finamente e engadirllo á masa de forma que quede ben esparexido.
  5. Cando teñamos a masa lista moldearemos boliñas e aplastarémola levemente sobre papel sulfurizado superposto nunha praca de forno.
  6. Hornear ata que queden cruxientes a 180º, entre 5 e 10 minutos.


GALLETA MARÍA

Nesta publicación dedicarémoslle un anaco á galleta que nos leva acompañando nos almorzos dende a nosa infancia, a afamada galleta maría.
Aínda que o resultado diste levemente da galleta elaborada industrialmente, podemos intentar adaptala o máximo posible na forma e no grosor no amasado previo á cocción.

INGREDIENTES:

  • 150 gramos de azucre
  • 165 gramos de mantequilla
  • 1 ovo
  • 375 gramos de fariña floxa
  • 4 gramos de levadura en pó
  • 2 culleres de leite


ELABORACIÓN:

  1. Cremar a mantequilla xunto co azucre, engadir o ovo e a leite.Continuar amasando.
  2. Unha vez homoxeneo botar a fariña xunto ca levadura.
  3. Amasar e estirar nunha lámina de 3 milímetros de grosor sobre papel sulfurizado.
  4. Abatir durante 1 hora.
  5. Cortar as galletas na forma desexada (en círculo para conseguir maior semellanza) coa axuda dun corta pastas.
  6. Hornear a 180º.

TORTA DE SANTIAGO

Esta é a receita da torta galega por excelencia. Aquela que todo peregrín degutará polo camiño e aquela na que os cambios novas misturas non están permitidas.

INGREDIENTES:
  • 200 gramos de Améndoa
  • 250 gramos de Azúcre
  • 190 gramos de Ovo (4 aprox.)
  • Raiadura de limón
  • 10 gramos de Aguardente

ELABORACIÓN:
  1. Trituramos as améndoas.
  2. Batimos os ovos xunto co azúcre. Añadimos a améndoa a raiadura de limón e o augardente.
  3. Estendemos o amoado sobre un molde baixo e circular de 20 cm aproximadamente, previamente engrasado.
  4. Cocemos en forno a 180º C durante 15 minutos máis o menos.

ORELLAS DE CARNAVAL

Chega o entroido e con él os postres tradicionais da festividade. Nesta publicación aprenderemos a realizar as afamadas orellas de carnaval. Espero que vos gusten!

INGREDIENTES:
  • 2 ovos
  • 50 mililitros de licor de Anís
  • 100 gramos de Azúcre glace
  • 500 gramos de Fariña floxa
  • 5 gramos de sal
  • 100 gramos de mantequilla
  • Raiadura de limón e laranxa
  • Auga (a que admita a fariña)
  • 20 gramos de Azúcre glace para espolvorear
  • 500 mililitros de Aceite de xirasol (para fritir a masa) 
ELABORACIÓN:
  1. Cremamos a mantequilla coa metade do azúcre e batimos os ovos coa outra metade.
  2. Incorporamos pouco a pouco os ingredientes previos, o sal e as raiaduras á fariña e imos amasando.
  3. Agregamos auga pouco a pouco ata que se integre totalmete e resulte unha masa.
  4. Podemos engadir un chorro de aceite.
  5. Deixamos repousar a masa 1/4 de hora, estiramos, cortamos e fritimos en abundante aceite quente.
  6. Por último espolvoreamos con azúcre glace.

SOPLILLOS DE MERENGUE

Esta é unha receita de merengue endurecido, esta sencilla elaboración está presente en casi todas as confitarías que vos poidades cruzar e pode verse sola ou cuberta de distintos sabores.

INGREDIENTES:
  • 125 gramos de Clara de ovo
  • 300 gramos de Azúcar
  • 125 gramos de Auga
  • 5 gramos de sal
  • Unhas gotiñas de limón

ELABORACIÓN:
  1. Montar claras coa sal e as gotas de limón.
  2. Realizar un almíbar coa auga e o azúcre.
  3. Incorporar o almíbar templado pouco a pouco sobre as claras mentres seguimos montando.
  4. Cando as teñamos a unto de neve as introduciremos nunha manga con boquilla rizada e as escudillaremos sobre papel de horno.
  5. Hornear a 200º ata que queden duras.

PASTA DE MACARONS

Fórmula para consiguir a pasta que se rechea para obter as apreciadas pastas de macarons.

INGREDIENTES:

  • 45 gramos de Clara de ovo
  • 15 gramos de azúcre
  • 100 gramos de azúcre glace
  • 55 gramos de améndoa moída
  • Colorante vermello

ELABORACIÓN:
  1. Montar as claras coa metade do azúcre. 
  2. Unha vez montadas agregar o resto do azúcre e o colorante vermello.
  3. Xuntar as claras coa améndoa e o azúcre glace.
  4. Introducir o conxunto en manga pasteleira e escudillar da forma que desexemos.
  5. Horear a 50º C ata que saia unha costra.
  6. Terminar a 145ºC durante 4 ou 5 minutos.

PASTA CHEUX

A pasta cheux é unha masa que temos moi presente na nosa cociña pero quizais non todo o mundo se percata dela polo seu nome, con esta masa podemos obter postres coma: os profiteroles, buñuelos, cisnes, tarta Saint Honore, etc...

INGREDIENTES:
  • 150 gramos de fariña floxa
  • 100 mililitros de auga
  • 125 mililitros de leite
  • 90 gramos de graxa
  • 4 ovos
  • 10 gramos de azúcre
  • 5 gramos de sal

ELABORACIÓN:
  1. Mezclar os líquidos coa graxa, o azúcre e o sal. Deixar que se funda a graxa e dar un hervor.
  2. Apagar o lume, incorporar a fariña de golpe e homoxeneizar.
  3. Unha vez atemperada a masa incorporar os ovos un a un e mezclar ben.
  4. Cando xa o teñamos todo listo escudillar coa manga ou facer quenelles de masa para horneara 200º ou fritir.
  5. Estarán listos cando teñan unha cor tostada e estean ocos no interior.

MUD CAKE

Un mud cake ou brick cake é unha torta pesada cuberta por unha ganache chorreante e recheo de buttercream.
Aquí deixarei a receita da base do biscoito.

INGREDIENTES:
  • 285 gramos de fariña semi
  • 400 gramos de azúcre
  • 90 gramos de cacao en pó
  • 12 gramos de bicarbonato
  • 10 gramos de levadura química
  • 1 culler de sal
  • 300 ml de café
  • 169 ml de aceite de xirasol
  • 3 ovos
  • 280 ml de leite con limón
  • Arume de vainilla

ELABORACIÓN:
  1. Mezclar secos con secos e líquidos con líquidos. Xuntar en 2 volcos terminando en seco.
  2. Hornear a 180º ata que o palillo saia seco.
    Porción de Mud Cake