sábado, 18 de febrero de 2017

TORTA DE SANTIAGO

Esta é a receita da torta galega por excelencia. Aquela que todo peregrín degutará polo camiño e aquela na que os cambios novas misturas non están permitidas.

INGREDIENTES:
  • 200 gramos de Améndoa
  • 250 gramos de Azúcre
  • 190 gramos de Ovo (4 aprox.)
  • Raiadura de limón
  • 10 gramos de Aguardente

ELABORACIÓN:
  1. Trituramos as améndoas.
  2. Batimos os ovos xunto co azúcre. Añadimos a améndoa a raiadura de limón e o augardente.
  3. Estendemos o amoado sobre un molde baixo e circular de 20 cm aproximadamente, previamente engrasado.
  4. Cocemos en forno a 180º C durante 15 minutos máis o menos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario