sábado, 18 de febrero de 2017

PASTA CHEUX

A pasta cheux é unha masa que temos moi presente na nosa cociña pero quizais non todo o mundo se percata dela polo seu nome, con esta masa podemos obter postres coma: os profiteroles, buñuelos, cisnes, tarta Saint Honore, etc...

INGREDIENTES:
  • 150 gramos de fariña floxa
  • 100 mililitros de auga
  • 125 mililitros de leite
  • 90 gramos de graxa
  • 4 ovos
  • 10 gramos de azúcre
  • 5 gramos de sal

ELABORACIÓN:
  1. Mezclar os líquidos coa graxa, o azúcre e o sal. Deixar que se funda a graxa e dar un hervor.
  2. Apagar o lume, incorporar a fariña de golpe e homoxeneizar.
  3. Unha vez atemperada a masa incorporar os ovos un a un e mezclar ben.
  4. Cando xa o teñamos todo listo escudillar coa manga ou facer quenelles de masa para horneara 200º ou fritir.
  5. Estarán listos cando teñan unha cor tostada e estean ocos no interior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario