INGREDIENTES:
- 100 gramos de mantequilla
- 100 gramos azucre avainillado
- 1 ovo
- 150 gramos de fariña floxa
- 1 pizca de sal
- 60 gramos de chocolate negro
ELABORACIÓN:
- Cremar a mantequilla xunto co azucre ata que quede unha masa consistente.
- A continuación agregar o sal e o ovo e seguir amasando.
- Unha vez homoxeneizado todo engadir a fariña e xuntar de novo todos os ingredientes.
- Picar o chocolate finamente e engadirllo á masa de forma que quede ben esparexido.
- Cando teñamos a masa lista moldearemos boliñas e aplastarémola levemente sobre papel sulfurizado superposto nunha praca de forno.
- Hornear ata que queden cruxientes a 180º, entre 5 e 10 minutos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario