sábado, 18 de febrero de 2017

ORELLAS DE CARNAVAL

Chega o entroido e con él os postres tradicionais da festividade. Nesta publicación aprenderemos a realizar as afamadas orellas de carnaval. Espero que vos gusten!

INGREDIENTES:
  • 2 ovos
  • 50 mililitros de licor de Anís
  • 100 gramos de Azúcre glace
  • 500 gramos de Fariña floxa
  • 5 gramos de sal
  • 100 gramos de mantequilla
  • Raiadura de limón e laranxa
  • Auga (a que admita a fariña)
  • 20 gramos de Azúcre glace para espolvorear
  • 500 mililitros de Aceite de xirasol (para fritir a masa) 
ELABORACIÓN:
  1. Cremamos a mantequilla coa metade do azúcre e batimos os ovos coa outra metade.
  2. Incorporamos pouco a pouco os ingredientes previos, o sal e as raiaduras á fariña e imos amasando.
  3. Agregamos auga pouco a pouco ata que se integre totalmete e resulte unha masa.
  4. Podemos engadir un chorro de aceite.
  5. Deixamos repousar a masa 1/4 de hora, estiramos, cortamos e fritimos en abundante aceite quente.
  6. Por último espolvoreamos con azúcre glace.

No hay comentarios:

Publicar un comentario